domingo, 30 de octubre de 2016

Reflexión Módulo 3. Celso

Tema 11. O traballo do orientador laboral I. Intermediación Laboral.

En este tema do terceiro módulo preténdese aprender a xestionar os factores que en cada caso están a dificultar o acceso ao emprego, e as claves no deseño de desenvolvemento das accións destinadas a mellorar a empregabilidade das persoas en situación de dificultade social.

Asemade, tamén se debe mellorar como orientar e informar aos nosos/as usuarios/as sobre os recursos para mellorar a súa empregabilidade.

A modo introductorio do tema e máis do terceiro bloque fálase dos diversos modelos metodolóxicos de intervención en orientación laboral:
  1. Modelo didáctico: baseado no contexto educativo da orientación laboral, onde destaca o aspecto vocacional. A intervención é puntual nos momentos de transición no ciclo de incorporación-reincorporación ao mundo do traballo. O orientador actúa coa función de aconsellar.
  2. Modelo de asesoramento: parte do encuadre de "counselling". Intenta axudar ás persoas a planificar o seu papel na vida, e permitirlle tomar e responsabilizarse de decisións e mellorar en xeral, as súas capacidades. O orientador debe acompañar e asesorar ás persoas interesadas en encontrar emprego.
  3. Modelo de centrado nos recursos: baseado no construccionismo social e no enfoque clínico das terapias breves sistémicas, na Programación Neurolinguística e nas perspectivas cognitivas do constructivismo. A orientación é un proceso facilitador.
Os modelos deben funcionar como guías flexibles e complementarias que se adaptan ás necesidades do momento, das persoas que participan no proceso e dos obxectivos comúns do proceso orientador.

A Orientación Laboral no noso país carece dun marco académico determinado, pero hai dous aspectos que debemos destacar e que marcan a necesidade da elaboración de pautas e metodoloxía de traballo:
  • A heteroxeneidade do colectivo de desempregados.
  • O peculiar contexto sociocultural que acompaña á tarefa de buscar emprego.
Coa publicación do Plan Nacional de Acción para o Emprego, consolídase a atención individualizada como a máis adecuada para desenvolver a Orientación Profesional.

Principios nos que debe basearse a Orientación Laboral:
  • Individualización
  • Flexibilidade.
  • Desenvolvemento/Busca da Autonomía.
Na Atención Individualizada o técnico/a e usuario/a acordan os pasos a realizar para conseguir un óptimo desenvolvemento do itinerario de inserción profesional, facilitando os medios máis axeitados para a capacitación nunha busca autónoma de emprego.

O emprego ten varias funcións integradoras:
  • Acceso a bens e servizos (dignidade e estabilidade)
  • Recoñecemento e identidade social.
  • Rede de relacións sociais e persoais.
Á hora de deseñar actuacións para a mellora da empregabilidade das persoas debemos tamén ter en conta certas problemáticas engadidas:
  • Entorno familiar/persoal.
  • Entorno social.
  • Entorno formativo.
  • Entorno empresarial.
Dentro dos servizos de Orientación Laboral tamén temos que incluir as necesidades específicas das persoas con discapacidade.

Este tema 11 inclúe as características do perfil do Orientador/a Laboral.

Tema 12. O traballo do orientador laboral II. Itinerarios de inserción.

A necesidade dos servizos de orientación e de asesoramento sobre o mercado de traballo, queda fóra de toda dúbida e, cada vez serán maiores porque:
  • Os cambios de traballo serán máis frecuentes así como os cambios de posto de traballo ou de traxectoria profesional.
  • A orientación requirirase ao longo de todas a vida laboral, sobre todo en períodos de desemprego, nas transicións dun emprego a outro e ao tentar adquirir as cualidficacións apropiadas para responder ás demandas do mercado.
  • A diferenciación entre os grupos sociais tende a ser cada vez maior polo que o asesoramento deberá especializarse para previr unha maior polarización e para intervir con aqueles colectivos máis vulnerables.
  • O propio concepto de traballo e a súa organización social está a sufrir un profundo cambio. Os profesionais da orientación deben non só incidir na vida laboral senón tentar apoiar ao individuo para que este lle dea un sentido dentro da súa vida global.
O concepto de Itinerario aparece ligado á inserción laboral dos colectivos con maiores dificultades, pero aparece tamén como un concepto de utilidade con relación á poboación desempregada en xeral, é dicir, fálase de itinerario individualizado de inserción laboral para previr o desemprego de longa duración.

Fases que conforman un itinerario de inserción:
  1. Un diagnóstico personalizado.
  2. Unha intervención orientadora, na que coexisten actividades individuais e actividades grupais.
  3. Unha supervisión ou avaliación continua.
Esquema base para a elaboración dun itinerario de inserción laboral: Acollida, Orientación, Formación, Formación en Contexto Laboral, Intermediación, Ocupación/Emprego, Peche.



Tema 13. O traballo do orientador laboral III. Procesos individuais de orientación e axuda na toma de decisións.

Tres son os apartados diferenciados neste tema: 
  • As entrevistas de Orientación Laboral.
  • As entrevistas de Selección por Competencias.
  • A orientación laboral na Unión Europea.
Na Entrevista de Orientación Laboral temos como obxectivo determinar a adecuación do/a candidato/a a un determinado posto de traballo. 
O orientador trata de avaliar ata que punto unha persoa é válida para un posto: se SABE, se PODE ou se QUERE realizar as tarefas dun posto.
O Entrevistado trata de demostrar que PODE, SABE e QUERE desenvolver as tarefas do posto ofrecido..

Tipos de Entrevista:
  • Entrevista dirixida.
  • Entrevista Semidirixida.
  • Entrevista grupal.
A hora de realizar entrevistas de orientación laboral ou de selección de persoal é preciso coñecer as leis da Comunicación Verbal e Non Verbal.

Partes dunha Entrevista: 
  • Presentación
  • Desenvolvemento: Introducción, Formación, Experiencia profesional, Avaliación de coñecementos, Motivación, Antecedentes persoais e familiares, Autovaloración e conclusións.
  • Peche da Entrevista.
A Entrevista de Selección por Competencias é unha filosofía que permite ligar as capacidades esenciais das organizacións, cos coñecementos e calidades que deben poñer en xogo os empregados para desempeñar eficientemente os seus postos de traballo.
As competencias son as habilidades que unha persoa tivo que utilizar para conseguir uns resultados. Son condutas e maneiras de facer dos que presentan un resultado excelente.

Fases do proceso de selección:
  • Entrevista inicial.
  • Pase e probas.
  • Entrevista en profundidade.
  • Informes dos candidatos.

A Orientación Laboral na Unión Europea.
As tarefas que se desenvolven nos diferentes servizos de orientación son as seguintes: información (persoal, académica e profesional), avaliación psicopedagóxica, asesoramento individualizado, consulta, educación para a carreira, colocación, atención a grupos específicos e seguimento.

Todos os Estados realizan ditas tarefas, a diferenza radica no nivel de desenvolvemento das mesmas, que varía dependendo do número de profesionais de orientación, do tempo e da formación dos mesmos.

Tendencia actual da Orientación Laboral na Unión Europea:

  • A orientación concíbese cada vez máis como un proceso continuo que se inicia nas primeiras idades do individuo e termina ao final da súa vida (dereito a recibir unha orientación continuada).
  • A orientación non pode concibirse como algo periférico ou marxinal ao propio marco escolar (se queremos dar un carácter preventivo e de desenvolvemento á orientación, esta ha de integrarse no proceso educativo).
  • Imponse un cambio no modelo de actuación dos profesionais da orientación, asumindo o rol de axentes de cambio e dinamizadores dos procesos de orientación.
  • O individuo, suxeito de orientación, debe ser considerado como axente activo do seu propio proceso de orientación (participación activa).
  • Certa liberización das prestación da orientación a cargo de organismos e institucións privadas.
  • Descentralización dos servizos de orientación.
  • Potenciación da orientación no ámbito universitario, debido ao proceso escolar, á mobilidade e flexibilidade laboral, ao intercambio de estudantes, aos cambios tecnolóxicos e ás novas perspectivas laborais, entre outros motivos.
  • Potenciación dos servizos de orientación no ámbito comunitario e social, concretamente a atención de minorías étnicas e suxeitos desescolarizados.
  • Unha maior preocupación polos niveis de calidade da intervención orientadora a partir dunha avaliación obxectiva.
  • Asumir a dimensión europea, establecendo canles de información e intercambio entre os diferentes estados a nivel de políticas de emprego e políticas educativas.
  • A utilización da informática e das novas tecnoloxías no traballo de orientación.

Tema 14. Análise de perfís profesionais e prospección de emprego.

Análise de postos de traballo:
O Orientador/a debe coñecer as características dos postos de traballo existentes para poder ofrecer unha información o máis exhaustiva posible ao usuario/a dos obxectivos profesionais e dos perfís competenciais asociados.
A función do asesoramento é dar as ferramentas necesarias para que a persoa aprenda a identificar que información necesita e poida mobilizar os recursos e mecanismos adecuados para conseguila.

É imprencindible facer conxuntamente a lista de recursos de información. Será o momento de reflexionar cales son os máis adecuados e o por que. O/a técnico/a pode aproveitar para detectar cal é o nivel do/a usuario/a no coñecemento e manexo dos mesmos.

De forma complementaria o/a Orientador/a debería proporcionar aqueles recursos que considera clave para completar a procura de información. Algúns destes recursos fan referencia a: Ofertas laborais, Certificados de Profesionalidade, Fichas profesionais, Contactos, Visitas a gremios e colexios profesionais, Prácticas en empresas ou talleres de testeo de oficios.

En ningún caso é indicado que o/a orientador/a realice o acompañamento de forma directiva e sen facer partícipe á persoa usuaria.
É imprecindible formentar un papel activo e participativo.

Novos perfís profesionais
Os cambio provocan que desaparezan postos de traballo e tamén ocupacións, pero do mesmo xeito a evolución e o progreso tamén trae consigo que xurdan novas ocupacións, polo tanto, esa é outras das tarefas do Orientador/a.


Prospección Empresarial
"Explotación de posibilidades futuras baseadas en indicios presentes".
A prospección de empresas sigue un enfoque orientado ao coñecemento e descrición da oferta, é dicir dos postos de traballo que conforman a estrutura empresarial.
Este tipo de prospección para a inserción implica, por tanto, que a prospección de empresas enlace previamente co coñecemento da poboación demandante de emprego, e posteriormente, con outras acción de intermediación en materia de xestión de emprego como:

  • Deseño de itinerarios individualizados de inserción laboral.
  • Conciliación da vida laboral e familiar.
  • Accesibilidade.
  • E todas aquelas medidas que favorezan a súa inserción laboral e a súa adaptación ao posto de traballo.
Por tanto, a prospección de empresas que parte da demanda consiste na promoción de accións de difusión e sensibilización na contorna social e laboral, para fomentar: 
  • As oportunidades  de emprego das persoas do empresariado dos recursos humanos dispoñibles.
  • E o coñecemento por parte do empresariado dos recursos humanos dispoñibles.
Prospección: "Acción de informar, asesorar e detectar necesidades das empresas, así como achegar solucións, ademáis de sensibilizar ao empresariado sobre os colectivos obxecto de inserción laboral e das súas oportunidades como traballadores/as ou outros aspectos de interese para o desenvolvemento de actitudes de responsabilidade social."

Tema 15. Técnicas e ferramentas para o acceso ao emprego e o autoemprego.

Técnicas e ferramentas de Emprego:
Son todos os instrumentos e habilidades necesarias que lle posibiliten ao usuario/a realizar unha procura de emprego de forma activa, organizada e planificada, así como dispoñer dos recursos teórico prácticos básicos para afrontar os procesos de selección con maiores posibilidades de éxito.
Debemos saber cómo funciona un proceso de selección:


Tamén debemos asesorar sobre as diferentes canles que existen para o procura de traballo: Bolsas de traballo, Prensa xeralista e especializada, Convocatorias de emprego público da administración estatal, autonómica e local, Intermediarios entre oferta e demanda, Autocandidatura, Networking.

Outras ferramentas son os distintos modelos de currículum, cartas de presentación, tipos de entrevistas, tipos de probas de selección, probas profesionais, probas de personalidade, tests de aptitudes, análise grafolóxico, Assesment Center, Dinámicas de grupo, Redes de contactos-networking, etc.

Recursos para o Autoemprego:
  • IGAPE
  • Consellería de Economía, Emprego e Industria : Cooperativismo e economía social, Sociedades Laborais
  • Consello Galego de Cooperativas
  • Rede EUSUMO.
  • Oficina do empregador.

Tema 16. A elaboración do plan de empresa.

Neste último tema do programa puidemos contemplar cales son os distintos pasos para a elaboración dun plan de empresa.
Empezamos polo Estudo de Mercado, marcando os obxectivos e fases de elaboración, indicando a actividade á que se vai a adicar a empresa. Temos que coñecer cal é e cómo é o mercado no que vai a operar a empresa, como vender, fases e as distintas fontes de información

A continuación pasamos á utilización da análise DAFO



A quinta forza: A rivalidade entre competidores ( Porter):

Outros aspectos a ter en conta na elaboración do Plan de Empresa son:
  • Variables da Mercadotecnia: O produto/servizo, prezo, formas de fixar o prezo, distribución, comunicación.
  • A segmentación do mercado e a Estratexia: Liderado en custos, diferenciación, especialización, requisitos para a elección de estratexia.
  • A previsión de vendas: previsión e cota de mercado.

PARA SABER MÁS

Orientación
Itinerarios Personalizados de Inserción
Nuevos perfiles profesionales
Ferramentas búsqueda de emprego
Plan de Empresa


No hay comentarios:

Publicar un comentario